tag:blogger.com,1999:blog-367379662727055849.post7570896587537599579..comments2022-04-01T08:13:51.949-07:00Comments on FILONEXOS2: Enigma 13Eva Gareahttp://www.blogger.com/profile/01872191568649457259noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-367379662727055849.post-7354949106775861682011-03-08T03:47:37.658-08:002011-03-08T03:47:37.658-08:00De novo vemos como unha idea, esta vez relativa á ...De novo vemos como unha idea, esta vez relativa á constitución do noso universo, inflúe, non só na investigación científica, senón tamén na filosofía e no arte.

A imaxe que preside esta entrada é a obra “Universo Illa” do escultor McElheny. O deseño inspirouse nas luminarias da Metropolitan Opera House de Nova Yorke, deseñadas en 1965, o mesmo ano en que se comezaba a confirmar a teoría do Big Bang como orixe do universo.

Andrómeda, M31, o maior membro do Grupo Local de galaxias e unha masa superior aos 400000 millóns de masas solares é visible no ceo nocturno. Andrómeda era coñecida desde a antigüidade pola súa facilidade de observación. Existe unha representación no Libro das Estrelas Fixas do astrónomo persa Abd-al Rahman Al Sufi (903-986)

Desde a antigüidade os que observaban o ceo nocturno podían ver unha franxa branca de intensidade variable que formaba parte da esfera celeste” das estrelas fixas. Os gregos chamaron a esta franxa “Galaxia Kyklos” (círculo lácteo) e os romanos “Vía Láctea” (camiño de leite). En 1610, cando Galileo observou o ceo co telescopio, se puido comprobar que a Vía Láctea está conformada por un conxunto de estrelas imposibles de distinguir polo ollo humano, e tan numerosas que semellan unha nube.

En aquel momento o Universo coñecido era o da nosa galaxia, aínda que o filósofo Imanuel Kant postulara xa a existencia de “universos illa”, na súa obra Historia Natural Universal e a Teoría dos Ceos, suxerindo que Andrómeda, considerada unha nebulosa, era en realidade unha galaxia independente da nosa. Por suposto, naquel momento aínda no había forma de medir a distancia ás estrelas máis afastadas e, aínda que se sabía que a súa magnitude aparente disminúe coa distancia, non había xeito de coñecer a súa magnitude real para poder calcular esa distancia.

O pensamento sobre a natureza das “nebulosas” predominou na astronomía durante o século XIX. Unha das escolas dominante foi a teoría do “universo illa” de Kant e Lambert. Esta escola afirmaba que o noso Sol era unha das moitas estrelas da Galaxia e que, o que vemos no espacio como nebulosas espirais e elípticas non eran máis que outras moitas galaxias.

Fronte á escola dos universos illa, a outra hipótese chámada “laplaciana” para honrar a LaPlace, mantiña que as nebulosas espirais e as elípticas eran torbeliños de gas que se condensaban para formar estrelas. Hoxe sabemos que ambas posibilidades son correctas e que existen Galaxias e Nebulosas. Pero, naquel momento non existían instrumentos de observación que puideran contrastar esas hipóteses, e semellaba que había que decantarse por unha ou outra.

A confusión entre galaxias e nebulosas perdurou algúns anos ata a invención do espectroscopio (combinación de telescopio e cámara) que permitiría entender de que están feitas as estrelas e as nebulosas. O desenvolvemento da espectroscopia comeza coas observacións de Newton sobre a descomposición da luz. Posteriormente o inglés William Wollaston, en 1802, descubreu que se colocabamos unha fina ranura fronte ao prisma a través do cal se descompoñía o raio de luz branca, aparecían no espectro unhas raias escuras paralelas. Por aquela época, a comezos do século XIX, a óptica era unha industria en crecemento, auspiciada polas observacións necesarias para mellorar a navegación e lograr intereses políticos. O mesmo Napoleón integrou nas súas artes de guerra o uso do catalexo, mediante o que podía vislumbrar de lonxe ao seus inimigos. Así prosperaron unha nova clase de artesáns dedicados á fabricación de ferramentas ópticas que permitiron mellorar a observación dos ceos e cambiou por completo a imaxe do noso universo.Eva Gareanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-367379662727055849.post-29345226002547157852011-03-07T12:41:18.671-08:002011-03-07T12:41:18.671-08:00Ramón Maceiras 4ºAHarlow Shapley e Heber Curtis ma...Ramón Maceiras 4ºA
Harlow Shapley e Heber Curtis mantiñan un debate en 1920 no que discutían sobre cal é o tamaño do universo. Shapley defendía que o universo se reduce á Vía Láctea, cun diámetro más ou menos calculable de 100.000 anos luz. Curtis mantiña que algúns obxectos celestes difusos como as entón chamadas nebulosas de Andrómeda e o Triángulo (M31 e M33 respectivamente) non perteñecían á Vía Láctea se non a outras partes do Universo, polo que este sería moito máis grande.

4 anos máis tarde, Edwin Powell Hubble mandoulle unha carta a Shapley na que lle dicía que tras moitos anos estudando os obxectos celestes, atopara unha estrela variable cefeida en M31, polo que deixou de ser a Nebulosa de Andrómeda para pasar a ser a Galaxia de Andrómeda.

O filósofo precursor desta idea foi Immanuel Kant, quen postulou en 1755 que Andrómeda e todos eses obxectos celestes eran "universos illa", outros sistemas estelares diferentes á Vía Láctea.

Cheguei á resposta enlazando o Proxecto Wildfire coa película La amenaza de Andrómeda. Busquei que era Andrómeda e lin a información de wikipedia ata que cheguei ao punto da Historia no que contaba o momento no que a comezaron a considerar galaxia, obtendo así os nomes dos científicos que estaban no debate. Despois diso, so busquei en google os seus nomes e atopeí unha páxina onde estaba todo o debate explicado e mencionada a idea do filósofo e o concepto que impuxo na astronomía.Ramón Maceirasnoreply@blogger.com