jueves, 3 de febrero de 2011

Enigma 9

Hoxe estamos de conmemoración. Fai 100 años do nacemento de Burt Lancaster. Un dos meus actores favoritos. Para celebralo recuperamos unha das adiviñas sobre as viaxes e o cine.

http://www.abc.es/cultura/cine/20131102/abci-burt-lancaster-centenario-201311011748.html
Joseph Conrad dicía que unha tarefa emprendida con espírito aventureiro adquire un valor lexendario.


En moitas ocasións, ese espirito aventureiro estivo impulsado polo interese comercial. Algúns productos foron moi importantes nalgunhas épocas da historia e impulsaron viaxes lexendarios que se levaron ao cine en películas que se rodaban en illas, entre palmeiras e nativos. Algunhas desas películas filmaronse, polo seu exotismo nos Mares do Sur, fixando no inconsciente colectivo unha imaxe mítica da Polinesia. Pero algunha desas historias describía tamén feitos reais e reflectía os intereses economicos dos comerciantes na década de 1870. Así, indirectamente, permitenos achegarnos á realidade dos pobos primitivos, falános das súas viaxes e os seus motivos.

Canoas de madeira, sen cravos nin arames, permitían a estes pobos o seu particular xeito de vida, que non se baseaba no valor real do obxecto de intercambio, senón na súa historia, fundamentalmente na historia que se xeraba para este obxecto na viaxe. Unha viaxe non exenta de perigos e que precisaba dun coñecemento exacto de correntes, ventos e mareas, pero que lle da valor a un diñeiro que non lles facilita o traballo aos ladróns, nunha illa aínda hoxe prohibida.

Cal é a película? Cal é a historia que nos conta? De que pobos e formas de comercio nos fala? Cal é a illa prohibida?

De tribos primitivas, formas de navegación primitivas, e non tan primitivas, e moitos datos que permitirán ampliar os teus coñecementos sobre a navegación, falounos Pilar Tobar en:

5 comentarios:

  1. A película da que se fala pode ser "Motín na Bounty" tamen chamada "Rebelión a bordo" ou "Motín a bordo".

    A película narranos a historia do Bounty, navio ingles de finais do século XIX. O Bounty, vai de viaxe a Tahiti para transportar un cargamento dunha planta a Jamaica. En Tahiti son estupendamente recibidos polos isleños e xorden lios amorosos, pero ao cabo dun tempo deben de partir. De camiño a Jamaica, un grupo de tripulantes rebelanse polas inxustizas do capitán, empezando polo mal racionamento das provisions. Os amotinados gañan, e o capitán e os seus seguidores son abandonados nun bote. Os amotinados volven a Tahiti para aprovisionarse, e marchan con alguns isleños, en busca dunha illa donde refuxiarse. Acaban na illa de Pitcairn, lonxe das rutas marítimas.
    Mentres tanto, o capitán do Bounty, cuns excepcionales coñecementos dos mares e mareas, é capaz de chegar a Reino Unido e explicar o ocurrido.

    Os pobos dos que nos fala son os nativos de Tahiti cun comercio entre illas cercanas e posteriormente comerciaban coa arbore do pan, planta que debía transportar o Bounty.

    Marc Millet Capdevila 4º ESO B

    ResponderEliminar
  2. Bueno, foi un capitan si, pero os froitos da árbore do pan non son precisamente difíciles para os ladróns. Por outra parte, Jamaica e Tahiti está na Polinesia, pero non é unha illa prohibida. Nin é o capitán, nin a mercancía, nin o diñeiro, nin a illa, pero ándalle cerca.

    ResponderEliminar
  3. Pode ser a illa de Ni'ihau ou a illa Genovesa?
    Vergara.

    ResponderEliminar
  4. Desde logo non é ningunha das dúas

    ResponderEliminar
  5. Ola. Creo haber resolto este enigma.
    As respostas son:
    A película chámase "Su majestad de los mares del sur" (His Majesty O'Keefe)

    A historia contanos as aventuras dun capitán que busca fortunas no océano Pacifico. Ao seu cargo atópanse decenas de mariñeiros famentos e sedientos, xa que hai días que non repostan en ningún porto debido ás súas longas travesías en busca de mercadorías que vender.
    Fartos xa da súa situación decídense a tomar o barco, deixando ao capitán só nun pequeno bote á deriva. Tras varias xornadas perdido polos mares do sur o capitán logra chegar a unha preciosa illa polinesia. Alí é recibido de maneira afable polos nativos, que lle coidan e curan as súas feridas.
    Unha vez recuperado, o capitán observa a gran riqueza en cocos que posúe a illa, e máis concretamente, no negocio que podería facer co aceite que se extrae dos mesmos.

    A illa prohibida atópase na Polinesia, concreta mente na illa de Yap, ou Illas Carolinas.


    Ben, espero que esté correcto todo...

    Mauricio Heredia García 4ºB

    ResponderEliminar