viernes, 19 de septiembre de 2014

LA CREATIVIDAD

creatividad-positiva

Podería ser que fose a capacidade creadora a faceta máis propiamente humana? Se fose esa calidade o que nos distinguira dun robot intelixente ou dun animal suxeito polo instinto fariamos ben en potenciala todo o posible. Durante moitos séculos a etiqueta de "ser racional" era a etiqueta fundametal que se adxudicaba ao ser humano. O hemisferio esquerdo, responsable do razoamento lóxico identificabanos coma especie. Pero, nun mundo de máquinas intelixentes, capaces de xestionar datos moito máis rápido que o ser humano, a pregunta que nos fai realmente humanos? volve a tomar sentido. Se a creatividade é a clave, compre ensinala e potenciala se eso é posible. Esa é a aposta de novos modelos educativos, coma os propostos por Ken Robison. Deixóvos un video moi creativo sobre esta cuestión.


Potenciar a creatividade na escola non é unha tarefa fácil. Penso que algo que, contra o que dí Ken Robinson, a escola leva facendo sempre. A creatividade é un concepto que vai unido dun xeito implícito ao concepto de innovación. Non son o mesmo, pero podemos dicir que as innovacións están prececidos por un proceso creativo, aínda que non todo proceso creativo culmina en innovación. A innovación é un proceso longo, que non se obtén de un momento para outro. É un proceso que precisa do traballo a concentración e a conexión entre moitas ideas. A conexión entre ideas é un aspecto crucial da innovación e do proceso creativo, tanto entre as nosas propias ideas como na confrontación coas ideas de outros. Algo que a Escola sabe facer moi ben. Outro "gurú" da nova escola nos comenta neste vídeo o que pensa da innovación e o pensamento creativo.

Pese a todo, temos que afirmar que a conexión entre ideas non é patrimonio de Internet nin das novas tecnologías. Hai moitos anos que a escola, a través dos libros, dos profesores e da relación entre profesores e alumnos promove a conexión do pensamento, para que podan producirse novas ideas. Por iso, a escola, ten hoxe a responsabilidade de ensinar a usar esas novas tecnoloxías, da mesma forma en que ensinou a usar as antigas: dunha forma que fomente a creatividade e o pensamento autónomo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario